Resumo do momento actual: Preguntas Frecuentes

banner-interesecolectivo-maisaltoFiare son as siglas da “Fundación Inversión e Aforro Responsable” (Fiare) que é unha fundación sen ánimo de lucro creada no ano 2002 por 62 organizacións de cooperación e reinserción social para fundar un banco social e alternativo en Euskadi, e que se convertiu nunha iniciativa en rede a nivel estatal. Dende o ano 2005, Fiare estaba funcionando cun contrato de axente exclusivo de Banca Popolare Etica, S. Coop. (BpE) no Estado español. Nestes momentos estamos no proceso de integración con esta cooperativa de crédito sen ánimo de lucro con 15 anos de historia que permitiu a constitución dunha cooperativa europea de crédito polo que xa somos Fiare Banca Etica.

No proceso actual estanse unindo capital e bases sociais. Ao longo do ano 2013 conformouse a nova estrutura territorial e organizativa de Fiare Banca Etica, resultante da adaptación ao formato da BpE. Na asemblea de Fiare Galiza do día 19 de xaneiro de 2013 celebrada en Teo, formáronse as dúas circunscricións de Galiza (Fiare Galiza Norte e Fiare Galiza Sur) cos seus respectivos Grupos de Implantación Territorial ou GIT (GIT Galiza Norte e GIT Galiza Sur), que serán os órganos de coordinación no territorio galego.

Fiare Banca Etica ofrecerá unha alternativa moi esperada a miles de persoas en Galiza, defraudadas coas prácticas da banca tradicional, ou que queremos unha entidade que cumpra todas as funcións básicas da banca -depósitos, domiciliacións, transferencias, pago con tarxeta-, pero coa máxima transparencia e coa seguridade de que o noso diñeiro non alimentará procesos especulativos nin servirá para financiar proxectos escasamente éticos. Non só iso, os cartos que xa manexa e manexará Fiare Banca Etica serven para financiar cada ano moitos proxectos ligados á economía social, á agricultura ecolóxica, á cooperación ao desenvolvemento ou á actividade produtiva de cooperativas.

Fiare, polo tanto, leva anos funcionando como entidade financiadora de proxectos transformadores, sendo nos últimos tempos de gran axuda para moitas cooperativas ou pequenas empresas. Esta necesidade púxose claramente de manifesto ultimamente, neste momento en que o acceso ao crédito de moitas persoas e organizacións viuse severamente restrinxido e no que o número de solicitudes de financiamento que recibiu Fiare aumentou moi significativamente.

A continuación, podes consultar (actualizados a 12 de decembro de 2014) o documento e a presentación (ampliada e sinxela) que poden dar luz ás túas dúbidas.  Faise referencia, entre outros acontecementos e informacións, ás boas novas do noso primeiro proxecto financiado por Fiare en Galiza desde a creación da asociación Fiare Galiza e de que o Banco de España outorgou a Fiare Banca Etica a inscrición no rexistro de entidades financeiras co número 1550.

Este apartado de PREGUNTAS FRECUENTES estámolo construíndo entre todas as persoas interesadas en colaborar e participar! Recibiremos todas as túas dúbidas, suxerencias ou aclaracións que consideres importantes.  Podes tamén utilizar o formulario que está situado ao final da columna da dereita.

8 Respostas

  1. En que quedamos, deixo unha pregunta ou unha resposta?😛
    Deixarei unha pregunta: para cando a páxina Fiare.org en galego?

    • Fiare.org en galego está en camiño, xa que se está reformando totalmente a páxina e en breve nos será presentada. Despois, entre todas e todos, desde os grupos locais de traballo, irémoslle dando contido.

  2. A ver, teño unha nómina e quero sacala do banco e metela na banca ética, pero seguir podendo pagar recibos e dispoñer dos cartos de xeito medianamente cómodo. é correcto? este é o sitio?

    • Ola Xulia,
      grazas polo teu interese, pero o que comentas será posible durante o ano 2013. Nestes momentos o que podes é facerte socia, ter un depósito ou solicitar un préstamo. Tes máis información en http://www.proyectofiare.com.

      • Xa queda pouco para o 2013. Sobre que mes calculades que poderemos xa operar co contas correntes con Fiare? Grazas.

      • Aproximadamente despois do verán consideramos que xa se poderá operar con contas correntes. Grazas polo teu interese.

  3. Ola! Quería saber se xa se pode abrir unha conta corrente en Fiare e dispor dunha tarxeta para poder sacar cartos. Como está a situación?🙂

  4. Ola,
    Podes chamar á sucursal en Bilbao e eles informaránte dos pasos a seguir:

    Fiare Banca Etica
    C/Santa María 9
    48005 Bilbao
    Tel 944153496
    info@fiarebancaetica.coop

    Moitas grazas polo teu interese!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: