Hoxe, xoves 22 de outubro de 2015, é o día mundial de mobilización polas Finanzas Éticas convocado por Global Alliance for Banking on Values (GABV). Esta alianza, constituída por unha rede de 27 entidades financeiras sostibles de todo o mundo da que Banca Popolare Etica (Banca Etica) forma parte, está inspirada no ben común e atópase formada por 30 mil persoas empregadas e 20 millóns de clientas e clientes. Convocou esta xornada global para sensibilizar sobre os temas relacionados coas finanzas éticas.
Desde un hemisferio ao outro da Terra o 22 de outubro as persoas traballadoras, socias e clientas da banca ética faremos ouvir a súa voz nas redes sociais co hastag #bankingonvalues, co fin de dar a coñecer unha banca diferente, que se centra nas persoas e o medio ambiente, sen ánimo de lucro, e para dar testemuño do uso responsable do diñeiro.
Fiare Banca Etica, como membro da rede de GABV, convida a todas as persoas e organizacións que elixiron as finanzas éticas a que poñan o seu rostro, expliquen as súas experiencias e motivacións, para facer ouvir a súa voz en todo o planeta.
Descarga e comparte os materiais da campaña e prepárate para participar:
- Descarga a imaxe da campaña, a foto de portada para o teu perfil de Facebook, Twitter y Linkedin.
- Imprime o póster (en A3 ou A4), escribe enriba por que para ti son importantes as Finanzas Éticas e publica a foto en Twitter, Facebook ou Instagram usando o hashtag #bancaconvalores
- Comparte o vídeo realizado pola GABV para promover o evento: https://youtu.be/Kg4wNwtACB8
- Comparte un destes chíos:
- Escollín as #finanzaseticas para cambiar o mundo cos meus aforros. E ti? #bankingonvalues @fiareBE [Chíao xa!]
- Os bancos gobernan o mundo? Por un mundo mellor escollín as #finanzaseticas #bankingonvalues @fiareBE [Chíao xa!]
- Os bancos gobernan o mundo? Temos o poder de cambiar os bancos! #bankingonvalues @fiareBE [Chíao xa!]
- Escollín as #finanzaeticas polo meu ben e o da miña comunidade. Cal é o teu banco? #bankingonvalues @fiareBE [Chíao xa!]
- Eu escollo #finanzaseticas porque coas boas accións gaño eu, a miña comunidade e todo o planeta. Escolles #bankingonvalues? @fiareBE [Chíao xa!]
- 25 bancos, 5 continentes, 30.000 traballadores/as, 20 millóns de clientes/as. Eu tamén formo parte do movemento! #bankingonvalues? @fiareBE [Chíao xa!]
Fonte: www.fiarebancaetica.coop
Filed under: Banca Popolare Etica,Economía solidaria e social,Eventos,Fiare Banca Etica,Novas | Leave a comment »