Estamos felices de anunciar que en maio de 2014 concedeuse o primeiro financiamente a un proxecto en terras galegas desde que se constituíu a asociación Fiare Galiza. O colectivo é o Sindicato Labrego Galego que tamén é persoa socia fundadora da asociación Fiare Galiza (tes toda a información neste artigo). Moitas grazas a todos e todas por facelo posible!
O crecemento na promoción do aforro das organizacións e familias permitu dispor duns recursos que se destinan ao financiamento de proxectos transformadores, de xeito que con data de xuño de 2014, Fiare concedeu financiamento a máis de 40 proxectos por un valor que ascende a máis de 34 millóns de € grazas a uns 40 millóns de € recollidos de aforro. Para iso quérense traballar acordos con redes de organizacións e con diferentes colectivos (Cáritas-Bilbao, REAS-Navarra, REAS-Euskadi, Gizatea, FEVECTA, COOP 57, Ideas, sindicato agrario ENHE-Bizkaia, PTM-Credit, GAP, Acciò Solidària Contra l`Atur, Asociación CAF, Fondo de Solidaridad Paz y Esperanza, Solidaridad con el Sur de Sudán, Oikocredit-Catalunya, ConoSud, Microfides, Vía Campesina, EAPN-Red Europea de Lucha contra la pobreza y la exclusión social, Mercado Social, …), a través da Libreta Redes e doutros xeitos, que permitan chegar a máis tecido social sen necesidade de crecer en estrutura (en Galiza ata o momento está aprobado un proxecto con Cáritas-Ourense e hai varios en proceso).
Máis información dalgúns proxectos con financiación de Fiare Banca Etica:
Deixar unha resposta