A partir de hoxe os Grupos Territoriais de persoas socias de Fiare Banca Etica (GIT) teñen novos espazos na web polo que no noso caso (GIT Galiza Sur e GIT Galiza Norte) deixaremos este blogue no que estades a ler este artigo e publicaremos no novo punto de encontro no que xa tedes novas: GIT Galiza.
O noso banco é propiedade de milleiros de persoas e organizacións, e grazas a elas somos independentes da política e dos grandes grupos económicos e financeiros.
Algunhas destas persoas achegan o seu tempo, habilidades, paixón e traballo, de xeito voluntario, para desenvolver o noso proxecto de finanzas éticas.
Estas persoas son elixidas por outros membros a nivel local e forman o GIT (Grupo de Iniciativa Territorial).
As actividades do GIT consisten en:
- achegar as finanzas éticas ao territorio;
- fortalecer as relacións coas organizacións e empresas que traballan por unha economía social e solidaria;
- promover unha cultura de uso responsable do diñeiro;
- colaborar no desenvolvemento cultural e participativo do proxecto xunto á estrutura profesional;
- alimentar o debate interno do banco, para mellorar día a día.
Grazas aos GIT estamos presentes en case todos os territorios e é posible organizar centos de eventos e actividades anuais (835 no 2014!), como obradoiros de educación financeira, debates sobre economía, obras de teatro e moito máis.
Traballamos, mediante a formación e o debate, para integrar as súas actividades e información na páxina web de Fiare Banca Etica. Nestes espazos poderedes coñecer as persoas que integran os grupos territoriais, estar ao corrente dos seus próximos eventos e actividades e pórvos en contacto con eles para colaborar en novas ideas para a zona.
Coñece ás persoas que lle dan vida ao Grupo Territorial de Fiare Banca Etica da túa área: www.fiarebancaetica.coop/git
Fonte: www.fiarebancaetica.coop
Filed under: Banca Popolare Etica,Eventos,Fiare Banca Etica,Fiare GZ,Novas |
Deixar unha resposta