Asemblea de persoas socias 2015: principais contidos

22 de maio de 2015
Asemblea Banca Popolare Etica, Milán. Foto de Giuseppe Lanzi

Asemblea Banca Popolare Etica, Milán. Foto de Giuseppe Lanzi

O pasado sábado 16 de maio celebrouse en Milán a Asemblea Xeral de Banca Popolare Etica (Banca Etica) na que participaron 1,155 persoas socias das cales 403 estaban presentes e 752 con delegación de voto.

Durante a reunión, tivemos a oportunidade de conectar directamente con Madrid, onde as persoas socias e traballadoras da área Fiare reuníronse para seguir a Asemblea e para traballar sobre cuestións cruciais do desenvolvemento da Banca Etica no Estado español.

Os documentos aprobados

Puntos que a Asemblea votou e aprobou:

As direccións do novo modelo de goberno

Durante a Asemblea, o Consello de Administración presentou ás persoas socias as líñas xerais para a creación dun novo sistema electoral para a elección do Consello de Administración. Un novo goberno que é necesario para implementar as regulacións do Banco de Italia e responder a un maior nivel de complexidade alcanzado pola Banca Etica nestes 16 anos coa ampliación da base social e a apertura dunha sucursal fóra de Italia. O proceso participativo para chegar a un novo Regulamento Electoral continúa nos vindeiros meses.

O novo Director Xeral

A asemblea foi tamén a ocasión para presentar aos socios e socias a Alessandro Messina, o novo director xeral de Banca Etica. Messina provén da Federación Italiana de Bancos de Crédito Cooperativo. No pasado algunhas das súas responsabilidades foron: a área de créditos da Asociación Bancaria Italiana, dirixente público, director da Asociación Lunaria e coordinador da campaña Sbilanciamoci!

Documentos presentados na reunión

Algúns dos documentos presentados na asemblea foron::

Grupo de mozos e mozas de Banca Etica

Por último destacamos a presentación dunha nova iniciativa: “Cara á Reunión do Grupo de mozos/as deBanca Etica.” O proxecto está promovido por un grupo de persoas socias de Banca Etica menores de 35 anos, que queren traballar en rede para compartir ideas e propostas sobre os principios e valores das finanzas éticas. Podes poñerte en contacto coas persoas promotoras desde a páxina en Facebook.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

Deixar un comentario