Maio, 2014
A pasada fin de semana celebrouse a Asemblea Xeral de persoas socias de Banca Popolare Etica (Banca Etica) en Nápoles, coa participación de ao redor de 300 persoas socias e 1.663 votos co total de delegacións.
A Asemblea aprobou o Balance da entidade cun apoio favorable ás contas e ás liñas para o vindeiro ano. O aforro rexistrou un crecemento de case o 12 %, e alcanza os 888 millóns de euros ao finalizar o 2013. Se temos en conta a suma de suma directa e indirecta chega a 1,1 millóns de euros.
O volume total de préstamos aprobados situouse a finais de 2013 en 775 millóns de euros cunha lixeira diminución en relación ao ano anterior, debido á crise que freou a demanda de crédito, con especial referencia á dedicada aos novos investimentos.
A calidade do crédito segue sendo boa, especialmente cando se compara cos datos do sistema bancario xeneral. A taxa de impagos en Banca Etica é do 2%, mentres que no sistema bancario é do 7,7% (13,4 % para as pequenas empresas) en Italia. Cabe sinalar que a morosidade está ben cuberta con disposicións apropiadas.
O capital social creceu un 8 %, alcanzando os 9 millóns de euros a finais do 2013 con case 47 millóns de euros. O orzamento pechouse cun beneficio de 1,3 millóns, un resultado que se valorou satisfactoriamente dado os tempos actuais. Podedes consultar o balance social neste enlace.
O momento máis emotivo da Asemblea, sobre todo para a área Fiare, foi o resultado da votación para o novo Comité de Ética, cun resultado que confirma o apoio maioritario da base social á Área Fiare, sendo Cristina de la Cruz a candidata máis votada, seguida de Mariña Galati, a vicepresidencia do Comité anterior (podedes ver nos vídeos gravados durante o streaming a presentación das persoas candidatas nesta nova). Tamén resaltou a tendencia dos últimos tempos de apoiar candidaturas maioritariamente de mulleres. O novo Comité está composto por 6 mulleres e 1 home. Podes consultar aquí os resultados.
O último tema a resaltar é o apoio á nova versión do Manifesto de Banca Etica, elaborado participativamente a través dos diferentes órganos e dispoñible seguinte enlace.
Podedes visualizar a Asemblea Xeral de Banca Etica (en italiano e en castelán) a continuación grazas aos vídeos gravados durante o streaming:
En castelán:
En italiano:
Fonte: www.proyectofiare.com
Filed under: Banca Popolare Etica,Economía solidaria e social,Eventos,Fiare Banca Etica,Fiare GZ,Novas |
Deixar unha resposta