Presentación do Comité de Ética e Asemblea Xeral de Banca Etica en Nápoles, 24 de maio de 2014

Peru-asembleaBpEO vindeiro sábado 24 de maio atoparémonos na Asemblea Xeral de persoas socias de Banca Popolare Etica en Nápoles, esta vez na área Sur. A Asemblea deste ano ten como principais puntos da orde do día: a aprobación do balance económico, a elección do novo Comité de Ética e a finalización do proceso de debate do novo Manifesto de Banca Popolare Etica, unha reflexión que se inicio o pasado outono onde se abriu un proceso de participación entre os diferentes órganos da cooperativa.

ComisionEtico-BpEEn relación á elección do novo Comité de Ética o sábado 3 de maio organizouse unha presentación pública das persoas candidatas onde cada unha puido explicar as súas motivacións para formar parte deste órgano. Pódese ver a presentación no seguinte link e nos vídeos que engadimos a continuación:

Esta Asemblea será unha boa ocasión para quen desexe profundar nalgúns dos múltiples proxectos que se financiaron en Nápoles e na rexión de Campania, xa que os días previos e posteriores organizaranse coas entidades membros percorridos e visitas dos proxectos.

O feito de que as asembleas sexan itinerantes convértese nunha oportunidade para vivir a pluralidade, mesmo territorial, de Banca Popolare Etica.

En palabras de Ugo Biggeri, presidente de Banca Etica: “Estamos comezando a organizarnos para que, ademais de poder seguir as asembleas a distancia (streaming) en ambos os dous países (Italia e o Estado español), no futuro podamos tamén ter sedes nas que facer asembleas descentralizadas, nas que os participantes sexan considerados presentes na Asemblea e poidan votar. Non será sinxelo e pode que iso fará que perdamos un pouco o pracer de podernos reunir, pero cremos que é un paso importante a favor da participación”.

Este ano é importante a nivel sociopolítico porque antes e despois da Asemblea haberá procesos de renovación das circunscricións locais dos socios, e por tanto novas persoas entrarán e sairán dos GITs. É un momento simbólico dado que estamos a consolidar a estrutura de participación en ambos os dous países, e cada vez require dunha estrutura máis complexa e persoas comprometidas e organizadas para poder responder e intercambiar as dinámicas sociais en ambos os dous países.

A Asemblea poderase seguir por streaming! Non a perdas!

Fonte: www.proyectofiare.com

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: