Capital Social

banca-etica-en-2015-los-numeros-del-primer-semestreA 30 de agosto de 2015 Fiare Banca Etica conta coa participación de:

20 circunscricións, máis de 100 grupos locais, 1 rede sectorial (Coop 57 –  cooperativa de servizos), apoio de 785 persoas socias en todo o estado.

O Balance Social 2014 e os Números de Banca Popolare Etica (Banca Etica) podes consultalos en: http://www.fiarebancaetica.coop/nuestros-numeros

Concretamente en Galiza os datos son os seguintes:

  • Base Social: a 10 de novembro de 2015 en Galiza contamos coa participación de 30 organizacións, un concello, unha deputación e unha chea de persoas físicas socias que facemos posible o que somos.

Fiare Banca Etica en Galiza

En Galiza somos unha chea persoas socias físicas, 32 persoas socias xurídicas (incluído o concello de Manzaneda e a Deputación de Lugo) (a 10 de novembro de 2015) vinculadas a Fiare Banca Etica, estas últimas son: ADEGA, Abeiro Social S. Coop. Galega, AIS “O Peto”, Algalia S. Coop., Amarelante S. Coop. Galega, Árbore, Arela Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade, Asociación Amarante, Asociación Xuvenil Abertal, Cáritas diocesana Santiago de Compostela, Cáritas diocesana Tui-Vigo, Centro Cultural Rueiro, Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, Comité Óscar Romero de Solidariedade de Vigo, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, Congregación Hermanas Carmelitas de la Caridad Vedruna, Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento, Dominicas e Dominicos de Vigo, Enxeñería sen Fronteiras, Federación de Cooperativas Sinerxia, Irimia, Manaia (Asociación Galega de Axuda á Adopción), O Grelo Verde, Panxea, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Proclade, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Educación Ambiental, Solidariedade Internacional, Verdegaia, Zocamiñoca. Estes colectivos contan co apoio de moitos outros.

O 19 de xaneiro de 2013 na III Asemblea de Fiare Galiza constituíronse as dúas circunscricións representadas polos Grupos de Implantación Territorial (GITs): GIT Galiza Norte (provincias de Coruña e Lugo) e GIT Galiza Sur (provincias de Ourense e Pontevedra).  Anímate e participa nos respectivos grupos locais de apoio a estes dous GIT!

No ano 2014 cumprimos 10 anos e ademais xa temos luz verde do Banco de Italia e o número 1550 polo que todo vai sendo o desexado! E, por suposto, oficina en Bilbao desde o 1 de outubro de 2014! Tes moita máis información deste gran paso neste artigo e nos artigos:

Unha resposta

  1. […] Concretamente, en Galiza, xa somos preto de 230 persoas e 25 colectivos, ademais dun Concello (Manzaneda), que abranguen grupos ecoloxistas, sindicais, de economía alternativa, culturais, de comercio xusto, de consumo responsable, cristiáns, de cooperación, … :https://fiaregz.wordpress.com/about/ […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: