“La Doctrina del Shock” (Naomi Klein)

Baseada no libro de Naomi Klein, “La doctrina del shock” trata do auxe do chamado “capitalismo do desastre”. Este insta os gobernos a aproveitar períodos de crises económicas, guerras, desastres naturais, ataques terroristas e epidemias, para saquear os intereses públicos e levar a cabo todo tipo de reformas a favor do libre mercado. Medidas tan desapiadadas que só puideron imporse mediante o medo, a forza e a represión. A película rastrexa as orixes deste capitalismo salvaxe nas teorías radicais do Premio Nobel de Economía Milton Friedman e a súa posterior implementación en todo o mundo, desde as ditaduras en Chile ou Arxentina dos anos 70, á Gran Bretaña de Margaret Thatcher, a Rusia de Yeltsin, ou as non tan afastadas invasións neoconservadoras en Afganistán e Iraq.

Unha resposta

  1. […] "A Doutrina do Shock" (Naomi Klein)  fiaregz.wordpress.com/2011/05/13/la-doctrina-del-shock-naomi…  por Socram hai 2 segundos […]

Deixar un comentario