Primeiro proxecto financiado por Fiare en Galiza!

slg_logoEn Fiare Galiza estamos de noraboa!  Podémosvos anunciar que xa temos o noso primeiro proxecto financiado por Fiare en terras galegas.  Por ese motivo consideramos Fouce302-maio-xunho2014-portadamoi interesante, dada a súa especial relevancia no contexto rural galego, facerlles chegar unha serie de preguntas (complementarias do artigo da última revista “Fouce”) que nos respostaron encantadas/os.  A continuación tedes as razóns, arelas, inquedanzas… que levaron ao Sindicato Labrego Galego (SLG) a formar parte de Fiare, a apoialo e ademais a contar connosco cando pensaron no financiamento.

– O SLG é unha das socias fundadoras de Fiare Galiza. Por que a vosa organización decide apoiar as finanzas éticas?

Porque no SLG somos conscientes de que o actual sistema bancario é discriminatorio para quen traballa ou produce, o piar de moitas desigualdades sociais e de agresións ao medio e en grande medida é tamén o causante da actual crise. Precisamente, para poder decidir sobre os destinos dos nosos aforros o SLG apostou por Fiare, para aportar transparencia, a xustiza social, a través dun sistema financeiro de carácter non especulativo co pouso dos movementos sociais.

– Por que o SLG apostou por Fiare para solicitar financiamento? Valorastes outros bancos-entidades de crédito antes de Fiare?

Para ser consecuentes co anterior. Decidiuse solicitar a póliza a FIARE sen valorar outras entidades nese momento, posto que o SLG levaba anos obtendo financiamento a través da banca convencional. E polos problemas operativos de Fiare, despois de todo ese tempo de trámites en pequena medida volvemos a recorrer.

– Para poder acceder a financiamento con Fiare é preciso cumprir cuns criterios en relación á esfera ético-social. Que tipo de proxecto desenvolve o SLG?

O Sindicato Labrego Galego é un proxecto vivo e en marcha cara a unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario baseado na Soberanía Alimentar.

– En xeral, cales son os principais retos do mundo rural galego na actualidade?

Para manter un medio rural vivo, é necesario potenciar, no marco dun desenvolvemento rural que teña como eixo fundamental a produción agro-gandeira e silvicultura sostible, actividades socioeconómicas derivadas e diversas, a mellora das estruturas e servizos públicos de calidade incluídos uns servizos sociais adecuados o medio. O rural galego ten hoxe o reto de sobrevivir con xente que produza alimentos, é esencial para todas as galegas e galegos que sexa realidade

En que medida poden pasar as alternativas de futuro pola economía social e solidaria? Como poden axudar as finanzas éticas e en concreto o proxecto Fiare – Banca Etica a fomentar estas alternativas dentro do rural?

Tendo en conta que o poder actual esta na especulación financeira, e imprescindible crear instrumentos financeiros non especulativos, produtivos e que a maiores teñan en conta a microeconomía polo que estamos a pasar a sociedade en xeral e nas explotacións en particular, no SLG pensamos que o futuro vai pasar necesariamente pola economía social. Cremos que Fiare encaixará neste modelo.

Moitas grazas compañeiras e compañeiros do SLG, que fixestes posible o desenvolvemento de Fiare en Galiza, por confiar en nós no quefacer diario, inesquecible… do voso gran proxecto!

SLG-8maio2014

Isabel Vilalba Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, con Gonzalo, persoa socia de Fiare Banca Etica.

Deixar un comentario