Encontro FiareGZ (1 de outubro de 2011)

Este sábado, 1 de outubro de 2011, desde FiareGZ organizamos unha xornada formativa sobre o proxecto FIARE. Reunímonos máis de trinta persoas no Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño en Santiago de Compostelanos para coñecer a situación actual e as perspectivas de futuro deste proxecto que entre todas as entidades e persoas socias estamos a construír.

Tras a benvida e unha pequena presentación das persoas que nos achegamos a esta xornada, comezamos, aproximadamente sobre as dez e media da mañá, o encontro.  O primeiro espazo, coa axuda (vía videoconferencia) de Juan Garibi (director de desenvolvemento de Fiare), estivo adicado a poñernos ao día na situación actual do proxecto FIARE e nos pasos que se están a dar de cara ao futuro (en breve colgaremos a información actualizada no apartado de Materiais). Todo o dito foi moi interesante e clarificador xa que todas as persoas que formamos parte deste Proxecto, sabemos que é moi dinámico e que o estamos a construír entre todas polo que sentimos como primordial estar formados para poder transmitir correctamente todos os seus avances e novidades.

Continuamos na parte da mañá cun resumo e exposición do que está a ser FiareGZ (evolución, organización, obxectivos a desenvolver, propostas,  …), do labor da Comisión Ético-Social e dos obxectivos e tarefas das tres comisións ou equipos de traballo creados (Comunicación, Formación e Participación).  Tivemos a oportunidade, tanto nos debates da mañá como no traballo da tarde, de dialogar, de aclarar dúbidas, de compartir arelas, …; e, sobre todo, de crear puntos de confluencia por onde empezar a traballar creando sinerxias: vanse formar os grupos locais de Coruña e Compostela e posiblemente xurda algún outro e xa se lle deron forma e concreción aos obxectivos e tarefas das tres comisións que temos en FiareGZ.

Facendo un balance do encontro, podemos dicir que conseguimos con creces acadar os obxectivos marcados.  Seguimos crendo que estamos no camiño de axudar apoiar, de fortalecer, de construír, … algo realmente alternativo, asembleario, esperanzador, … no mundo da economía.

Se estás interesada ou interesado, ti ou o teu colectivo, en participar, non o dubides e contacta con persoassocias@fiaregz.com.  Convidámoste a que te achegues e formes parte!

About these ads

2 Respostas

  1. [...] Encontro FiareGz fiaregz.wordpress.com/2011/10/02/encontro-fiaregz-1-de-outub…  por xomabepo hai 2 segundos [...]

  2. [...] Fonte: fiaregz.wordpress.com/2011/10/02/encontro-fiaregz-1-de-outubro-de-2011/ [...]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 1.400 segidores

%d bloggers like this: