Participa!

Base Social

A 30 de abril de 2013 o Proxecto Fiare conta coa participación de:

12 territoriais, 1 grupo territorial, máis de 50 grupos locais, 1 rede sectorial (Coop 57 -  cooperativa de servizos), apoio de 444 organizacións e de 3.654 persoas en todo o estado.

En Galiza xa somos (a 2 de maio de 2013):

Como participar:

Non está de máis lembrar os principios e piares que conforman a base do proxecto; son catro, ben definidos e precisos. Son froito dunha prolongada e concienzuda reflexión na que se opta por un xeito de describirse de forma positiva: afirmando polo que se está dispostos a loitar,

  1. Crédito ao servizo da xustiza.
  2. Intermediación financeira desde as redes cidadás.
  3. Acción significativa a través do aforro responsable, a participación e a transparencia.
  4. Carácter non lucrativo e interese común.

Para conseguir que o anterior sexa posible podemos colaborar de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais as aportacións económicas, pero tamén son indispensables o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, participar nos equipos de traballo (difusión, materiais, etc.), a colaborarción nos Grupos de Implantación Territorial (GITs) Galiza Norte e Galiza Sur e nos seus respectivos grupos locais (polo momento en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Ourense, Lugo e Santiago), a participación desde o teu concello, etc. Polo tanto, se facer unha aportación económica non é posible polo momento para ti ou para a túa asociación ou colectivo, non te preocupes, hai moitas máis formas de participar como acabas de ler.  Comenta as túas posibilidades, fai suxerencia, etc. no correo: fiaregz@proyectofiare.com

Estamos tramitando o cambio a Caixa Rural Galega da conta que utilizamos, polo que pode que voltemos a cambiar os documentos dos convenios.  Perdoade as molestias pero é un paso para mellorar.

Anímate e convértete en:

  • Socio/a: contribúe co seu tempo á construción e difusión do proxecto, participando con voz e voto na toma de decisións.

- Achega de capital social: persoa física, mínima de 300 €; persoa xurídica, mínima de 600 €.
- Achega de fondo perdido (fondos adicionais para gastos de constitución do proxecto, alugueres, salarios…): a partir de 30 € as persoas físicas; a partir de 300 € as persoas xurídicas.

Ser entidade ou persoa social promotora ou colaboradora posibilitará a participación democrática na futura cooperativa de crédito.  Faite persoa socia!

Tamén podes aclarar as túas dúbidas, formar parte do Proxecto Fiare, …:

  • achegándote aos puntos de información-difusión:
    • En Vigo:  Os luns de 17:00 a 19:00 horas na Parroquia do Cristo da Victoria (Rúa Baiona nº 9 b, 36209 Vigo).
    • En Santiago de Compostela: Os martes de 17:00 a 20:00 horas no local de Panxea (Rúa da Rosa nº 36 baixo, 15701 Santiago de Compostela).
  • informándote no correo electrónico do GIT Fiare Galiza Sur (conformado por persoas socias das provincias de Pontevedra e Ourense): galizasur@proyectofiare.com
  • informándote no correo electrónico do GIT Fiare Galiza Norte (conformado por persoas socias das provincias de Coruña e Lugo): galizanorte@proyectofiare.com
  • escribindo a fiaregz@proyectofiare.com se desexas saber máis sobre como facer depósitos ou solicitar un préstamo.
  • expresando as túas dúbidas, suxerencias, etc. no formulario que aparece na páxina principal (no medio da columna da esquerda).

Que teño que facer para ser socio/a da Asociación Fiare Galiza (Fiare GZ):

As PERSOAS FÍSICAS que desexen formar parte de Fiare GZ deben:

  • cubrir o formulario de solicitude ou solicitude de incorporación de persoas físicas (en odt ou formato modificable) a Fiare GZ;
  • enviar (á organización a través da que se contactou, por correo electrónico: fiaregz@proyectofiare.com ou á dirección postal: Rúa da Rosa 36 baixo, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) a solicitude cuberta e asinada;
  • Fiare GZ acepta ou non esta incorporación en Xunta Directiva, e, no caso de ser aprobada, envía o convenio de adhesión de persoas físicas (en odt-formato modificable ou en doc-formato modificable) que deberá ser cuberto e asinado;
  • aportar, no número de conta que aparece na solicitude e no convenio, a achega económica elexida;
  • enviar (por correo electrónico: fiaregz@proyectofiare.com ou á dirección postal: Rúa da Rosa 36 baixo, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) dúas copias do convenio de adhesión cuberto e asinado xunto cunha copia do xustificante de ingreso;
  • posteriormente será remitida unha das copias do convenio asinado e selado por Fiare GZ xunto con outros documentos se así se considera.

As PERSOAS XURÍDICAS (asociacións, colectivos, …) que desexen formar parte de Fiare GZ deberán reflectir nos seus estatutos fins e obxectivos que sexan acordes á visión e misión da Asociación e que non sexan contrarios aos desta. As novas incorporacións de persoas xurídicas deben:

  • cubrir e enviar o formulario de solicitude ou a solicitude de incorporación de persoas xurídicas (en odt ou formato modificable) a Fiare GZ;
  • enviar (á organización a través da que se contactou, por correo electrónico: fiaregz@proyectofiare.com ou á dirección postal: Rúa da Rosa 36 baixo, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) unha copia dos estatutos, a acta onde adoptan o acordo de solicitar a incorporación e designan representante e a copia do DNI do representante;
  • Fiare GZ acepta ou non esta incorporación en Xunta Directiva, e, no caso de ser aprobada, envía o convenio de adhesión de persoas xurídicas (en odt-formato modificable ou en doc-formato modificable) que deberá ser cuberto e asinado;
  • aportar, no número de conta que aparece na solicitude e no convenio, a achega económica elexida;
  • enviar (por correo electrónico: fiaregz@proyectofiare.com ou á dirección postal: Rúa da Rosa 36 baixo, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) dúas copias do convenio de adhesión cuberto e asinado xunto cunha copia do xustificante de ingreso;
  • posteriormente será remitida unha das copias do convenio asinado e selado por Fiare GZ xunto con outros documentos se así se considera.

Condicións de garantía sobre os fondos recollidos:

  • As achegas de capital social deposítanse nunha conta específica xestionada por Fiare GZ.
  • No momento en que se vaia constituír a cooperativa de crédito as persoas socias serán informadas de que poden recuperar os cartos se así o desexan.
  • Constituída a cooperativa de crédito, as achegas convertiranse en participacións.
  • Se non se chegase a constituír a cooperativa de crédito, as achegas de capital social retornaríanse ás persoas socias.

7 Respostas

  1. [...] social, no Anuncio do inicio da Campaña de captación de capital social, e nas seccións de “Cómo participar?” e “Documentos e materiais” de FIARE-Galiza  Tags: Banca ética, fiare, [...]

  2. [...] Lembrarvos que a posibilidade de facerse socia segue activa e é moi sinxela. Para colaborar na construción deste proxecto tan so abonda con facer unha achega mínima de capital social de 300€ para as persoas físicas e de 600€ para as persoas xurídicas. Tedes toda a información sobre Como participar neste proxecto neste enalce: fiaregz.wordpress.com/como-participar [...]

  3. Qual é a diferenza com Coop 57?

    • Fiare e Coop57 son dúas realidades complementarias. Coop57 é unha proposta máis centrada no financiamento dos propios membros; Fiare profundiza, traballando pola creación dunha cooperativa de crédito, na que tamén participa Coop57.

  4. [...] Anímate a participar. Xa podes ser socio ou socia de FIARE, cliente, ou se o desexas, tamén podes incorporarte aos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) ou nos grupos locais (de Vigo e Compostela, e en creación noutras cidades galegas) para que, pouco a pouco, poidamos seguir a expandir esta realidade.  [...]

  5. Nestes intres estou a viver en Ourense…onde podo acudir pra que alguén me informe sobre Fiare? Prefiro o formato conversación que o de ler online!

    • Ola Cata:
      En breve unha persoa relacionada con grupo local de Ourense porase en contacto contigo. Moitas grazas polo teu interese!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 845 segidores

%d bloggers like this: