“Cambiar o mundo desde o consumo?”: Novo dossier de Economistas Sin Fronteras.

Economistas sin Fronteras acaba de publicar o número 2 dos Dossieres ESF: unha publicación monográfica de carácter trimestral e formato electrónico que adica a súa atención neste número ao consumo responsable.

Co título xenérico de “Cambiar o mundo desde o consumo?”, tres expertos nesta problemática (Carmen Valor -editora do número-, Estela Díaz  e Carlos Ballesteros) analizan distintas vertentes do consumo responsable como elemento básico para unha vida persoal mellor, pero tamén como instrumento decisivo para impulsar prácticas empresariais e estruturas económicas máis compatibles coa responsabilidade, a sustentabilidade e a xustiza.

O Dossier, neste sentido, pasa revista ás posibilidades dos individuos e da sociedade civil para propiciar un consumo integralmente mellor, pero sopesa criticamente tamén a eficacia das actuacións no ámbito do consumo para conseguir cambios significativos nas actuacións empresariais. Algo que, como sinala Carmen Valor na presentación, conduce a unha reflexión final ao redor dos límites da soberanía consumidora e ás condicións necesarias para que esta soberanía poida materializarse na realidade. Condicións, sen dúbida, só posibles plenamente no contexto dun replanteaminto xeral do modelo actual de economía, de sociedade e de vida, pero en cuxa incubación pode ser moi efectivo o cuestionamento do estilo de consumo dominante.

Contenido do número:

  • Presentación (Carmen Valor).
  • Abanico de opcións para o cidadán responsable (Estela Díaz).
  • Limitacións do consumo responsable para conseguir cambios no mercado (Carmen Valor).
  • Soberanía consumidora. Máis alá do consumo responsable (Carlos Ballesteros*).
  • O libro recomendado: Carlos Ballesteros, A túa compra é o teu voto. Consumo responsable, ecoloxía e solidariedade (Carmen Valor).
  • Para saber máis: bibliografía, webs, revistas especializadas, guías e manuais de compra responsable, selos e certificacións.
Pode verse e descargarse libremente o documento na web de Economistas Sin Fronteras **.
Fontes: Jose Ángel Moreno, Economistas Sin Fronteras e Blog do Grupo “Filosofía Política e Ética Empresarial” da Universitat Jaume I.
* Carlos Ballesteros é membro do Comité de ética de Fiare.
** Economistas Sin Fronteras son socios de Fiare Centro.

Unha resposta

  1. […] “Cambiar o mundo desde o consumo?”: Novo dossier de Economistas Sin Fronteras fiaregz.wordpress.com/2011/07/31/%E2%80%9Ccambiar-o-mundo-de…  por Socram hai 3 segundos […]

Deixa unha resposta a “Cambiar o mundo desde o consumo?”: Novo dossier de Economistas Sin Fronteras Cancelar a resposta