En menos de dúas semanas terá lugar a II Asemblea estatal de persoas socias de Fiare-BpE no salón de actos do concello de Rivas Vaciamadrid (Madrid). Se precisas saber como chegar podes consultalo neste documento: 130227ComollegarRivas
Xa somos 238 persoas inscritas. Pero seguramente hai persoas que aínda non se inscribiron e por tanto ampliamos o prazo da CONVOCATORIA ata o 8 de marzo. Contamos cun fondo de solidariedade que permite que os custos de desprazamento sexan repartidos entre todas as persoas que asisten, de tal xeito que só algunhas territoriais/cidades deben achegar unha cantidade. Tamén é posible a delegación de voto (un máximo de 3 por persoa). Se non podes asistir, infórmate en: persoassocias@fiaregz.com.
Podemos confirmarvos que o venres 15 pola tarde no taller de GITs participarán 19 membros de GITs italianos e que na propia asemblea haberá un stand de BpE para as persoas que queiran abrir unha libreta de aforro.
A continuación engadimos o programa (suxeito a posibles modificacións):
SABADO 16 DE MARZO (Socios/as e acompañantes) |
|
11:30h-12:00h Inscricións ao encontro |
|
12:00h-12:10h Presentación |
|
12:10h-13:00h Conferencia Inaugural Ugo Biggeri- presidente de Banca Popolare Etica (BpE) Peru Sasia- presidente de Fiare |
|
13:00h-14:30h Avances do Plan de Integración en relación á operativa bancaria Nazareno Gabrielli/Mario Crosta- Encargado da integración en BpE da Área Fiare Juan Garibi- director de Fiare |
|
14:30h-16:00h RECESO-XANTAR | |
16:00h- 16:30h A gobernanza da Área Fiare, avances realizados Clara Soler – responsable da área sociocultural de Fiare |
|
16:30-17:00h Presentación e elección de candidatos/as para o Comité de Ética Peru Sasia– presidente de Fiare Membro da Xunta Estatal |
|
17:00h-17:30h Presentación candidato/a como representante pare a Área Fiare Marcos de Castro- presidente de Fiare Zona Centro |
|
17:30h-18:00h Novas perspectivas do Comité de Ética ante a integración Cristina de la Cruz- coordinadora do Comité de Ética de Fiare Membro do Comité de Ética de Fiare |
|
18:00h- 18:30h Proposta de Referentes de Zona |
|
18:30-19h Concerto |
Candidaturas ao Comité de Ética
No marco da II Asemblea estatal de persoas socias de Fiare-BpE poderás elexir aos novos membros do Comité de Ética. Para ver as candidaturas fai clic na seguinte imaxe:
Filed under: Banca Popolare Etica,Eventos,Fiare Banca Etica,Fiare GZ |
Deixar un comentario