O pasado sábado, 31 de agosto de 2013, participamos cun posto informativo no Festival de Poesía do Condado de Salvaterra de Miño.
A pesares de que o groso da xente chegou pola noitiña para asistir aos actos programados, tivemos numerosas peticións de información co que puidemos apreciar o gran interese xeral polo proxecto Fiare por estas terras.
Foi unha xornada moi frutífera da que, a pesares da calor abafante, quedamos moi satisfeitas todas as persoas presentes.
Queres que o proxecto Fiare-BpE se coñeza na vila na que vives, na asociación ou colectivo no que participas, no centro de ensino no que traballas ou estudas…? Anímate a participar e/ou contacta connosco!
Filed under: Banca Popolare Etica,Eventos,Fiare Banca Etica,Fiare GZ |
Deixar unha resposta