A economía alternativa e solidaria move ao redor de 220 millóns ao ano

Artigo de Bárbara Álvarez – Axencia EFE [31 de agosto de 2013]

O movemento da economía alternativa e solidaria [tes máis información no artigo: “Segundo Congreso de RIPESS Europa“], que move ao redor de 220 millóns de euros anuais e involucra a 18.500 persoas, leva case dúas décadas de andaina en España, aínda que a crise propiciou o seu crecemento e que sexa máis coñecido pola sociedade.

logo_ripess_europeNo medio da crise económica destacan estes sistemas alternativos de organización que se basean no fomento do comercio local, a repartición equitativa da riqueza e a non acumulación das divisas, ademais de apostar pola produción artesanal e ecolóxica de bens e servizos.

Deste proxecto xa participan 15 redes nacionais e 322 empresas ou entidades como ONGs ou bancos do tempo, coordinadas pola Rede de redes de economía alternativa e solidaria (REAS), segundo explica a Efe o secretario xeral de REAS España, Carlos Rey.

Nos últimos dous anos e como consecuencia da crise aumentou o número de persoas que se uniron a este proxecto, o que levou a REAS a pasar de contar con 5.400 traballadores en 2011 a 6.686 en 2013.

No entanto, o volume de negocio que move esta rede diminuíu lixeiramente, ao pasar de 220 millóns en 2011 a 217 millóns en 2013.

O crecemento desta iniciativa foi notable, xa que en 1995, cando naceu este proxecto, xurdiron con el 20 organizacións ou entidades relacionadas, unha cifra que no ano 2000 aumentou a 60 ou 65 entidades e que actualmente chega a 322.

A influencia da crise foi determinante como ilustra o feito de que o portal en internet de REAS pasou só en 2008 de ter 100 a 3.500 visitas diarias, o que “é un sinal de que a xente se interesa por buscar alternativas ao actual sistema económico”, segundo Carlos Rey.

En paralelo, a crise deu tamén auxe ás chamadas “moedas sociais”, que se constitúen como unha alternativa para manter o intercambio de bens e servizos á marxe do sistema monetario.

O promotor e investigador de moeda social, Miguel Yasuyuki Hirota, destaca en declaracións a Efe que a vantaxe desta divisa, fronte a “a moeda oficial non sustentable” é que os negocios melloran a súa imaxe, foméntase o comercio local e evítase a “oxidación” da moeda, asegurando a súa continuidade no circuíto económico.

ecosolEn España xa hai preto de 30 moedas sociais, entre elas, os “ecosoles” cataláns, os “euskos” vascos ou os “boniatos” madrileños, non recoñecidas polo Banco de España, que as entende como o establecemento dunha relación contractual entre dúas persoas (o comprador e o vendedor).

O principio básico desta divisa social é evitar a inflación, a especulación e a acumulación de diñeiro para que se manteña sempre en circulación, polo que estes billetes e moedas teñen un período de caducidade, a partir do cal empezan a perder parte do seu valor.

Así mesmo, para incentivar o seu uso, o cambio de euros a estas moedas ten unha bonificación de até un 10 %, mentres que á inversa penalízase entre un 5 % e un 10 % do valor da cantidade ao volvelo a cambiar a euros.

Yasuyuki Hirota lembra que este fenómeno se dá de maneira global e destaca o caso de Bristol (Reino Unido), cuxo alcalde cobra o seu soldo en “brispounds” ou Suíza, onde o “Banko Wir” move o equivalente a 1.000 millóns de francos suízos ao ano na moeda social da zona, o “Wir”.

En España, os promotores das distintas redes rexionais de REAS impulsaron encontros para darse a coñecer e promover as moedas alternativas.

Entre eles, a I Feira de Economía Solidaria de Cataluña, celebrada en outubro de 2012, á que acudiron durante día e medio unhas 7.000 persoas e movéronse uns 17.000 euros en moeda social (equivalentes a 19.000 “ecosoles”), segundo contou a Efe o coordinador de REAS Cataluña, Xavi Palos.

Palos explicou que a partir de outubro de 2013 o intercambio de “ecosoles”, que até agora se podía facer fisicamente, será só online e as xestións limitaranse á web, onde xa hai unha plataforma comercial que permite a compravenda entre os participantes da localidade.

En Madrid a primeira feira celebrouse o pasado mes de xuño e nela movéronse preto de 40.000 euros en “boniatos” (moeda social da rexión), segundo datos de REAS España.

Fonte: Sección de Economía de EL PAIS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: