Entrevista a Gorka Bueno y Marijose Viso, persoas clientas e socias de Fiare Banca Etica

entrevista-gorka-bueno-y-mara-jose-viso-clients-y-socis-de-fiare-banca-etica_025 de setembro de 2015

Ler a entrevista en eúscaro.

Ler a entrevista en castelán.

Gorka e Marijose son dúas das persoas socias e clientas do banco. Fixémoslles algunhas preguntas sobre a súa elección de finanzas éticas e sobre as súas experiencias con Fiare Banca Etica.

Como e cando coñecestes Fiare Banca Etica?

Desde antes de 2008 sabiamos que había en marcha un proxecto en Bizkaia de banca ética. Ese ano, co estalido da crise financeira, decidimos facernos socios e pasar unha gran parte de nuestos aforros a Fiare.

Por que destes o paso a cambiarvos de banco?

Naquel momento Fiare non ofrecía moitos servizos bancarios, senón só contas de aforro. En 2008 e 2009 a prensa falaba de bancos enormes que crebaban, e de caixas de aforros que compraran e venderan produtos financeiros que ninguén entendía. Parecíanos que Fiare se matiña á marxe desa tolemia. Nós só queriamos que os nosos aforros fosen ben administrados, con criterios éticos.

Podédesnos explicar que servizos utilizades de Fiare?

A nosa actividade en Fiare Banca Etica foi aumentando conforme aumentaban os servizos ofertados. Montar un banco desde cero non é nada fácil! Nestes momentos temos un aforro a prazo e unha conta corrente coas domiciliacións habituais: nómina, luz, teléfono,… Facemos seguimento das operacións a través de internet. Cando dispoñamos das tarxetas de débito para sacar diñeiro en caixeiro e poder facer pago electrónico, as nosas necesidades bancarias habituais estarán plenamente cubertas.

Que credes que diferencia a Fiare dos outros bancos?

É curioso. Fiare é un banco ético: o seu funcionamento baséase no compromiso ético e a xestión democrática. A miña impresión é que iso non é habitual no sector financeiro, en xeral. Iso xa é unha diferenza. Con todo, creo que iso tamén fai que Fiare se pareza máis ao que ten que ser un bo banco: un intermediario financeiro entre aforradores e demandantes de financiamento, que se preocupa de que esas intermediacións sirvan para financiar proxectos que realmente benefician á comunidade.

Ademais de ser clientes no voso caso tamén sodes persoas socias. Que significa para vós ser socio/a de Fiare?

Se queremos un sistema financeiro diferente é fundamental que a cidadanía participe nel dunha forma activa. A día de hoxe, en Bizkaia, Fiare é unha opción inmellorable para iso. Fiare é a nosa forma de sentir que estamos a construír un sistema financeiro diferente.

Credes que a crise fixo que a xente se achegue máis á banca ética?

A crise, sobre todo, fixo que a xente estea moi enfadada cos bancos. Moitos bancos enganaron á xente e vendido produtos enganosos; primeiro parecía que regalaban o diñeiro, pero despois viñeron os desafiuzamentos e o peche do crédito… Creo que hai unha percepción xeral de que os bancos enganan á xente, e esas persoas sorpréndense cando lles falas de banca ética. Esperta interese.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: