QUE FINANZAS NECESITAMOS NUNHA ECONOMÍA SOLIDARIA E CAMPESIÑA?

CCDesde esta revista propóñennos para este número 13, unha reflexión sobre a economía solidaria e os seus principios porque tras moitos anos de escoitar sobre ela, de ila coñecendo, de colaborar de xeito conxunto, é o momento de chegar xuntas á conclusión de que non existe soberanía alimentaria sen economía solidaria.

A portada é unha ilustración xentileza de Sara Plaza e as fotografías que percorren algunhas das súas páxinas correspóndense a instantáneas do documental LA VOZ DEL VIENTO.

Salientamos entre os diferentes artigos que podedes disfrutar desta publicación o seguinte:

QUE FINANZAS NECESITAMOS NUNHA ECONOMÍA SOLIDARIA E CAMPESIÑA? por Peru Sasia

As alternativas á crise financeira e alimentaria teñen valores en común e deben camiñar da man

Os modelos compartidos pola banca ética e a soberanía alimentaria apostan por valores tan revolucionarios nestes tempos como a autoxestión, a participación, a proximidade aos espazos locais ou a primacía do valor social fronte á rendibilidade económica. Modelos que conducen precisamente á creación de circuítos curtos de actividade económica que se desenvolven mediante a interacción horizontal e a intercooperación.

Ese “ADN común” que vincula os proxectos de finanzas alternativas con outros movementos configura de forma radical o tipo de relacións que se establecen entre eles e permite o despregamento dun conxunto de estratexias compartidas que reforzan a potencialidade transformadora dese “cosmos contracultural” do que se nutren e que constitúe o que poderiamos afirmar que son os acenos de identidade máis xenuínas da Economía Solidaria.

Reconstruíndo en común o desastre alimentario e financeiro

Os ámbitos concretos da Banca Ética e a Soberanía Alimentaria presentan hoxe un gran potencial para o establecemento deste tipo de relacións. A importancia de ambos os espazos na construción de sociedades xustas é hoxe amplamente coñecido. Os desastres financeiros dos últimos tempos e as agresións continuas ao dereito por unha alimentación libremente elixida e xestionada, mostran o rostro máis escuro da influencia que os poderes económicos desatados teñen no noso benestar. Fronte a estas ameazas constantes, as redes de persoas e organizacións comprometidas co desenvolvemento de alternativas en ambos os espazos configuran un substrato sobre o que se poden construír dinámicas de relación que contribúan ao reforzamento mutuo. Dinámicas que están chamadas a superar amplamente un modelo no que as entidades de Banca Ética se entendan como meros provedores externos de servizos bancarios, con obra social incluída.

Unha primeira dinámica de relación ten que ver co reto máis importante que asumen os proxectos de Banca Ética, que é precisamente o seu modelo de construción e consolidación. Os proxectos de Banca Ética precisan de estruturas cooperativas que sexan capaces de asentar elementos esenciais destas alternativas financeiras como a proximidade ao territorio, a autonomía, a participación, a relación estreita entre tecno e socio-estrutura ou a atención prioritaria ao impacto social da actividade de crédito. E esta construción cooperativa necesita de persoas e organizacións densamente vinculadas ao proxecto, e que proveñen no seu núcleo máis comprometido dos ámbitos de militancia económica que, como diciamos, comparten con el análise e visión.

La voz del viento ver 37Desde esta perspectiva, as persoas e organizacións que traballan pola Soberanía Alimentaria constitúen un dos axentes promotores das finanzas alternativas con maior potencialidade, asumindo un rol fundamental na consolidación da súa estrutura cooperativa. Unha participación que trae, como veu ocorrendo en todo o proceso de consolidación de Fiare, o espazo da Soberanía Alimentaria á Banca Ética, de forma que hoxe son moitas as persoas e organizacións socias que participan nas nosas estruturas locais e territoriais. É importante resaltar que esta implicación é bidireccional, de forma que tanto a propia estrutura de Fiarecomo moitas das súas persoas e organizacións socias participan así mesmo no reforzamento de proxectos de Soberanía Alimentaria que chegan a Fiare a través dos distintos axentes que participan na súa construción.

Seguir lendo o artigo.

Deixar un comentario