Quen xera pobreza?

Máis de 1.300 millóns de persoas no mundo viven con menos dun euro ao día e o 10% da poboación máis rica posúe o 85% da riqueza do mundo. O actual sistema capitalista e patriarcal implica pobreza, vulneración de dereitos humanos, recorte de dereitos sociais, crecente conflitividade, problemas ambientais, repartición desigual da riqueza e a discriminación das mulleres. Pero, cales son as causas que xeran estas inxustizas? E os seus responsables?

quienesquienBaixo o título `As tiritas non curan a pobreza´ este vídeo analiza diversas causas xeradoras de pobreza e desigualdade. Entre elas, a responsabilidade dalgunhas empresas transnacionais ao controlar algúns sectores crave como a enerxía e a auga; ou o papel de institucións como o Fondo Monetario Internacional ou o Banco Mundial que coas súas decisións prexudican aos países máis empobrecidos. Tamén pon sobre a mesa o espolio dos seus recursos naturais ao que estes países máis pobres víronse sometidos por parte dos países do Norte máis enriquecidos, precisamente aqueles a quen teñen que devolver a ilexítima débeda externa. É o modelo capitalista e patriarcal o que fai que unha pequena parte da poboación poida manterse na opulencia mentres outra gran parte vive en situacións de pobreza e exclusión. Vivimos nun sistema inxusto que se nutre da opresión das mulleres e do empobrecimiento dos países do Sur.

Este é o segundo vídeo da campaña Quen é quen?  promovida pola Coordinadora de ONG de Desenvolvemento de Euskadi, que ten como fin explicar á cidadanía, dunha maneira sinxela e pedagóxica, as principais consecuencias do sistema neoliberal e patriarcal tanto a nivel global como local, identificando aos seus principais responsables e propondo alternativas que nos leven a un sistema máis solidario e xusto para todas as persoas.

Fonte: www.iniciativaquiesquien.org

Lembremos que existen moitas alternativas e iniciativas que permiten construír outra forma de facer, de ser, de consumir, de participar, de …  como ben se nos reflicte nos dous parágrafos extraídos (ler o artigo completo) do seguinte artigo “Se queres outra sociedade, consume diferente” de Toño Hernández para Diagonal Periódico:

“Os cidadáns votan cada catro anos (e non todos), os mercados cada día”. Esta é unha frase que serve para justificar a supeditación da política á economía, e máis concretamente aos mercados financeiros especulativos. Na medida que, como consumidores e aforradores, formamos parte do mercado, dispomos de certa capacidade para favorecer unhas ou outras prácticas económicas segundo a quen “votemos” co noso acto de comprar. É indubidable que política e economía están moi entrelazadas, pero para que mande a primeira sobre a segunda é necesario ter instrumentos que aposten pola primacía do social.

[…] Por tanto, “non deixemos para mañá o que podemos facer hoxe”. O tempo urxe: o desmantelamento dos dereitos sociais e políticos, xunto ao agravamento dunha crise ecolóxica que augura un futuro con moita menos dispoñibilidade de recursos, poden ser caldo de cultivo para discursos e prácticas insolidarias e violentas. Se queres unha sociedade diferente baseada na equidade, a xustiza e a solidariedade, constrúe ferramentas diferentes, cambia os teus hábitos e consome diferente. Participa, aínda que só sexa como consumidora responsable, no Mercado Social ou iniciativas parecidas; e axúdanos a convencer a outras persoas, empresas e organizacións de que tamén se pode (e débese) ir facendo outra economía. Non queremos magnificar a capacidade de espazos como estes para “tombar” o sistema, pero tampouco hai que minusvalorar a súa potencialidade. O futuro non está escrito e podémolo facer nós e nós; con cada un dos nosos actos expresamos unha vontade e unha aposta concreta, abrimos ou pechamos posibilidades.

Deixar un comentario