A Rede de Finanzas Alternativas e Solidarias celebra o seu IV Encontro Estatal

red-de-finanzas-alternativas-y-solidarias-celebra-su-iv-encuentro-estatal-el-objetivo-de-consolidar16 de setembro de 2015

A Rede de Finanzas Alternativas e Solidarias (REFAS) celebrou en Becerril de Campos, durante o pasado 12 e 13 de setembro, o seu cuarto encontro anual no que participaron organizacións de diferentes provincias que traballan no ámbito das microfinanzas.

Este encontro serviu para consolidar a estrutura formal da rede, despois de varios anos de traballo, avanzando nos obxectivos e aspiracións da organización. Desde este ano, a rede conta con personalidade xurídica e pretende converterse no principal referente das finanzas alternativas a nivel estatal.

O encontro celebrado en Becerril de Campos tivo como obxectivo prioritario profundar nas respostas que desde as organizacións pertencentes a REFAS se ofrecen actualmente ás persoas con necesidades financeiras excluídas dos circuítos bancarios convencionais.

O traballo realizado durante estes dous días contou coa presenza e as achegas de Cristina de la Cruz e de Peru Sasia, en calidade de membro do Comité de Ética e presidente da Fundación Fiare respectivamente, que profundaron na importancia e na necesidade dun ecosistema de microfinanzas que permita dar respostas creativas e innovadoras a persoas non financiables desde os circuítos financeiros convencionais.

REFAS consolida a relación que viña mantendo desde as súas orixes coa Fundación FIARE mediante a firma dun convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades que promova o desenvolvemento de respostas microfinanceiras. Neste marco de colaboración, Fiare Banca Etica pon a disposición de REFAS un depósito a prazo con devolución de interese para todas aquelas persoas e organizacións que queiran axudar a consolidar o traballo da Rede.

REFAS, como rede que engloba a máis de dez organizacións que traballan no ámbito das microfinanzas a nivel estatal, pretende consolidar a súa actividade de coordinación no próximo ano, de cara a reforzar un espazo de resposta financeira necesario para a gran parte da cidadanía.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Entrevista a Carlos Askunze de REAS

10 de agosto de 2015
Entrevista a Carlos Askunze, membro do Comité de Coordinación de REAS Rede de Redes e Referente da Zona Norte de Fiare Banca Etica.

entrevista-de-carlos-askunze-de-reas

Cando nace Reas e con que obxectivo?

REAS nace como unha plataforma de organizacións en 1995 (polo que actualmente estamos a celebrar o 20 aniversario), aínda que é en 1997 cando se transforma nunha rede de redes territoriais e sectoriais de Economía Solidaria, pasando a denominarse REAS-Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria. O seu obxectivo xeral é o de traballar no Estado español na extensión da economía solidaria, como concepto e práctica transformadora a través do impulso de iniciativas económicas de carácter alternativo, e tamén como movemento social e suxeito político e económico a través do traballo en rede e a súa relación con outras organizacións e axentes sociais.

Como definides a Economía Solidaria desde Reas?

150314_feria_tolosa_carlosbEntendemos a Economía Solidaria como unha visión e unha práctica que reivindica a economía como medio -e non como fin- ao servizo da mellora da calidade de vida das persoas, a comunidade e o seu medioambiente. Unha economía que coloca no centro da súa actividade o bo vivir persoal e colectivo, así como a sustentabilidade da vida; que resitúa, por tanto, a verdadeira función da economía e conéctaa, sen preponderancia, co resto de esferas social, política ou cultural.

Trátase, polo tanto, dunha práctica fundamentalmente transformadora, que choca co modelo capitalista, concedendo ás persoas, as súas necesidades, capacidades e traballo un valor por encima do capital e da súa acumulación, á vez que reivindica un modelo socioeconómico máis redistributivo e equitativo. Unha economía que foxe dunha concepción ligada ao modelo productivista-crecentista que prima a acumulación do capital por riba do desenvolvemento das persoas e é alleo aos danos sociais e ambientais producidos na consecución dos seus obxectivos.

Cales son os criterios polos que se rexe a Rede?

logo_carta_solidariaREAS Rede de Redes, do mesmo xeito que as súas redes territoriais e sectoriais así como as empresas e organizacións que as forman, réxese polo seis principios da Carta da Economía Solidaria que, moi resumidamente, son os seguintes:

  • Equidade: recoñecemento da igualdade, en dignidade, dereitos e posibilidades de todas as persoas, asumindo e respectando á vez as súas diferenzas.
  • Traballo: considerado en todas as súas dimensións: produtivo, reprodutivo e voluntario.  Emprego para a produción de bens útiles e necesarios. Traballos que promoven o desenvolvemento das capacidades das persoas.
  • Sustentabilidade ambiental: como límite ás accións económicas, como defensa do equilibrio da vida e como compromiso co futuro da humanidade.
  • Cooperación: unha práctica participativa e democrática que fomenta a aprendizaxe e a construción colaborativa e o traballo cooperativo.
  • Sen fins lucrativos: balances que teñen en conta o impacto da actividade, onde se establece a redistribución e reinversión de beneficios fronte á súa concentración ou uso especulativo.
  • Compromiso coa contorna: cooperación con outras redes como camiño para que as experiencias concretas poidan xerar un modelo socioeconómico alternativo.

Desde REAS promovemos que todas as entidades pertencentes ás súas redes socias realicen auditorías ou balances sociais que contan con indicadores baseados nestes principios, como ferramenta de autoevaluación e de mellora, así como de reforzo da identidade común.

Como se organiza?

REAS Rede de Redes ten unha estrutura confederal de carácter descentralizado, participativo e democrático. Entendemos, neste caso, unha estrutura confederal como unha entidade que xorde dunha alianza entre diferentes organizacións (redes territoriais e sectoriais) co obxectivo de desenvolver uns fins de interese común, sen que cada un dos seus membros perdan as súas respectivas soberanías, tanto no que respecta á súa organización e xestión interna, como no que respecta ás súas relacións con outras organizacións, mantendo altas cotas de autonomía, pero delegando de mutuo acordo unha parte dela na estrutura confederal para alcanzar os fins mutuamente acordados.

O seu órgano máximo de decisión é a Asemblea, conformada por representantes de todas as redes socias que, na actualidade, son 14 territoriais e 4 sectoriais: AERESS-Asociación Española de Recuperadores da Economía Social e Solidaria, Mesa do Sistema de Finanzas Éticas (conformada por Fiare, Coop 57, Oikocredit e CAES-Cooperación para o aseguramiento ético e solidario, Coordinadora estatal de Comercio Xusto e Som Energia (en representación dun proceso de traballo en rede de todas as cooperativas de xeración, comercialización e consumo de enerxías alternativas). Conta así mesmo, cun Consello Confederal, elixido pola Asemblea para desenvolver o Plan de Traballo anual e un Comité de Coordinación para os labores cotiáns de coordinación, apoiado nunha Secretaría Técnica de carácter profesional.

Contamos no Consello Confederal con responsables das diferentes liñas estratéxicas, así como de grupos ou comisións de traballo para temáticas concretas (auditoría social, comunicación, mercado social…). Así mesmo damos moita importancia aos distintos espazos de encontro de todo o movemento (Idearia, Congreso de Economía Social e Solidaria…).

Fiare é socia desde 2008, que aporta á Rede?

O primeiro que hai que dicir é que en 2008 asinouse un acordo entre o que entón era a estrutura de Fiare e REAS Rede de Redes polo cal se establecía un compromiso mutuo, polo que a achega é de dobre dirección: o de promover a construción do proxecto Fiare por parte de REAS e o de Fiare por impulsar o movemento da economía solidaria a través da súa configuración como sectorial de banca ética en REAS. Na actualidade a sectorial en REAS pasou a ser a Mesa do Sistema de Finanzas Éticas, cuxa representación exerce Fiare.

Podemos dicir que Fiare é a banca ética do movemento da economía solidaria, xa que REAS participou como un axente significativo (tanto a nivel estatal como territorial) na súa construción e participa comprometidamente no seu desenvolvemento actual, tanto na súa estrutura cooperativa como a través da súa presenza no Padroado da Fundación Fiare. Doutra banda, Fiare mantén unha relación comercial e social preferente con REAS, a través do impulso dunha Libreta Redes propia, o desenvolvemento de servizos financeiros específicos ou as achegas que REAS realiza á hora de deseñar futuros produtos financeiros adaptados e ao servizo do sostemento e crecemento da Economía Solidaria.

Reas promove desde hai anos o Mercado Social. Que é?

O Mercado Social é unha iniciativa promovida por REAS co obxectivo de impulsar prácticas alternativas ao servizo das persoas e da sustentabilidade da vida. Un mercado no que entidades e empresas de Economía Solidaria intercooperan para ser significativas economicamente e no que produtores e produtoras controlan a venda e distribución do que producen. Un mercado no que as persoas consumidoras participan activamente para multiplicar a forza que posúen de forma illada e cuxo obxectivo non é o ánimo de lucro, senón contribuír a construír unha economía e un mundo máis xusto e sustentable.

Trátase, en definitiva, dunha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos e aprendizaxe común que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios, nun territorio determinado, constituída tanto por empresas e entidades da economía solidaria como por persoas consumidoras individuais e colectivos. Un mercado, en definitiva, que permita desconectarnos, tanto como sexa posible, do mercado capitalista.

Como se organiza a Economía Solidaria a nivel internacional?

Na actualidade a rede que aglutina globalmente á Economía Solidaria é RIPESS-Rede Intercontinental de Promoción da Economía Social e Solidaria, que agrupa a 82 redes estatais e rexionais nos 5 continentes: 18 en Asia, 14 en África, 26 en Europa, 20 en Latinoamérica e 4 en Norteamérica. A vinculación a este movemento por parte de REAS Rede de Redes é a través de RIPESS Europa.

Hai que sinalar, así mesmo, a importancia da participación de redes e organizacións de REAS noutras redes de carácter sectorial da Economía Solidaria. É o caso das finanzas éticas en FEBEA (Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos) e en INAISE (Asociación Internacional de Investidores en Economía Social); o ámbito da recuperación e medio ambiente en RREUSE (Empresas Sociais de Reutilización e Reciclaxe en Europa); as cooperativas de enerxías renovables en REScoop (Federación de grupos e cooperativas cidadás para a enerxía renovable en Europa); o comercio xusto en WFTO (Organización Mundial do Comercio Xusto); ou as empresas de inserción en ENSIE (Rede Europea de Empresas de Inserción Social).

A crise fixo que haxa máis xente que busque alternativas e se achegue á Economía Solidaria?

É obvio que as crises (non se trata soamente dunha crise financeira ou económica, senón ambiental, de coidados, política, de valores…) están a demostrar que o capitalismo é incapaz de responder as necesidades e retos económicos, ambientais, sociais e políticos das persoas, dos pobos e do noso mundo. O mantemento e crecemento da inxustiza, a violencia, o patriarcado, a insostibilidade ambiental e a exclusión social de cada vez máis sectores da poboación nas nosas sociedades e no mundo, están a facer que as persoas sexamos cada vez máis conscientes da necesidade de impulsar un cambio de rumbo en profundidade. A iso responde o nacemento de diferentes movementos sociais de indignación, os de resposta ao poder das transnacionales e os acordos internacionais de libre comercio, o repunte doutros tradicionais como o ecoloxista ou o feminista, o nacemento de novas expresións e formas organizativas de intervención política, etc.

E, claro, cada vez máis xente se achega ao movemento da Economía Solidaria, fundamentalmente porque, ademais de ofrecer un enfoque crítico e rupturista coa situación económica e social actual, promove iniciativas concretas que, a cotío, poden construírse coa participación das persoas: no consumo, nos servizos financeiros, na alimentación, na enerxía, no vestido, etc. existen posibilidades, en primeiro lugar, de desenvolver alternativas ao mercado capitalista e, en segundo lugar, de poder ser coherentes e facer confluír os nosos valores e a ética coa vida diaria.

Cales son os obxectivos para este ano de REAS?

Este ano é un obxectivo prioritario asentar e desenvolver a nova estrutura confederal aprobada en 2014. Con iso, pretendemos fundamentalmente fortalecernos como suxeito político, polo que tamén é un ano de desenvolver propostas no ámbito das políticas públicas, contendas electorais, tecer alianzas con outros movementos sociais, impulsar a nosa presenza no ámbito máis xeral da Economía Social, etc.

Así mesmo, non podemos esquecer que é un ámbito propio a incidencia económica, polo que segue sendo un obxectivo o xerar máis e mellor Economía Solidaria, a través do desenvolvemento do Mercado Social, o impulso de sectores estratéxicos como as finanzas éticas ou as enerxías renovables, ou a apertura dunha nova liña de traballo relacionada co apoio á intercooperación empresarial e o emprendizaxe colectivo en Economía Solidaria.

Manteremos o traballo en auditoría e balance social, o reforzo da nosa presenza en redes internacionais, o impulso dos procesos de comunicación e, especialmente, o desenvolvemento e mellora do Portal web de Economía Solidaria (www.economiasolidaria.org).

En fin, un ano, como non podía ser menos, cheo de retos na apaixonante tarefa de contribuír á transformación do noso mundo desde a Economía Solidaria; un mundo que queremos máis xusto e solidario, onde a sustentabilidade da vida estea no centro de todos os novos procesos económicos, sociais e políticos abertos.

Fonte: www.fiarebancaetica.coop

Artigo relacionado: “Coop57: 20 anos ao servizo da transformación social”

Bico de grao: ilusión a granel

bico-de-grao-ilusion-granelBico de grao é unha cooperativa galega que abriu en Lugo unha tenda de alimentos orgánicos non perecedoiros e a granel, un proxecto integral que aposta polo consumo responsable, a sustentabilidade e os produtos bio de proximidade a un prezo xusto.

O proxecto parte da iniciativa de tres mulleres: Marta Pérez, Amaia Santamarta e Vanessa Ríos; que co obxectivo de fomentar unha alimentación máis saudable e un consumo responsable, abriron este local pioneiro en Lugo.

Bico de grao nace da vontade cooperativa de levar a cabo un proxecto que poida dar resposta ás inquedanzas destas emprendedoras de atopar espazos comúns respectuosos co medio ambiente e que prevalezan sobre os obxectivos de carácter meramente económicos.

Na tenda pódese atopar unha gran variedade de produtos non perecedoiros como legumes, fariñas, pastas, arroces, cereais, froitos secos e mesmo lambetadas ecolóxicas.

Ademais do aforro que supón comprar a granel, búscase sensibilizar á clientela sobre a redución de envases e a súa reutilización, ofrecendo descontos para aqueles/as que traian os seus propios envases e continentes.

Un espazo de encontro e divulgación

A tenda, que conta cun espazo dedicado á divulgación e contido didáctico sobre alimentación e consumo, tamén pretende ser un lugar de encontro para restablecer o contacto entre persoas produtoras e consumidoras.

Ademais dentro dos seus obxectivos está a organización de encontros, actividades e obradoiros, nun espazo que vire ao redor dos conceptos de consumo responsable, soberanía alimentaria, comercio xusto, agroecoloxía, respecto, feminismo, cooperación, solidariedade e desenvolvemento persoal.

Outro dos alicerces fundamentais do proxecto consiste no traballo en rede con outras tendas ou asociacións para a organización conxunta de actividades e a creación de redes de apoio. Nesta liña, a cooperativa puxo en marcha un grupo de consumo de alimentos, que inclúe produtos frescos, para apoiar a produción local e a agricultura ecolóxica.

Ademais na tenda disporase dun lugar moi especial, un espazo para nenos e nenas con libros e xoguetes dos métodos Montessori e Waldorf e con bonecos da marca Fíxeno eu, creada por Vanessa, unha das promotoras deste proxecto.

www.facebook.com/bicodegrao

Fonte: http://www.fiarebancaetica.coop/blog/bico-de-grao-ilusion-granel#Gallego

Fiare nas Feiras de Economía Solidaria

fiare-presente-en-las-ferias-de-economia-solidaria28 de xuño de 2015

Estes últimos meses celebráronse varias das Feiras de Economía Solidaria do país. Pamplona, Vitoria, Madrid e Sevilla, son algunhas das cidades onde se achegou o mercado social á cidadanía para mostrar que é posible crear e impulsar unha economía ao servizo das persoas.

“Son o punto de encontro cunha realidade socio-económica en crecemento que ofrece a través das súas prácticas respostas á crise actual, no que se visibilizará que hai un sistema no que a economía está ao servizo da cidadanía“, segundo explica Carlos Rey, portavoz de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), rede promotora das feiras. E engade “O obxectivo é conseguir que tanto na produción, o consumo e o aforro sexamos coherentes co conxunto de sociedade que queremos“.

No marco das Feiras ademais realizáronse diferentes actividades co fin de reflexionar e visibilizar a economía solidaria desde diferentes ángulos: postos con produtos e servizos, exposicións, charlas, actividades musicais e para nenos…

En Pamplona participou Peru Sasia, conselleiro de Banca Popolare Etica (Banca Etica), coa conferencia “Repensar a economía hoxe”, mentres que en Madrid estivo Valle Contreras de Desenvolvemento territorial de Fiare Banca Etica, na mesa “Finanzas Éticas Cooperativas, unha maneira radical, pero sinxela de cambiar o mundo”. En Gasteiz no espazo “Modelos alternativos de enerxía e banca” presentouse Fiare Banca Etica.

As Feiras de Economía Solidaria achegan a diversa oferta de produtos e servizos do Mercado Social de cada comunidade, unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios; constituída por empresas e entidades da economía social e solidaria xunto con consumidores e consumidoras individuais e colectivos, cubrindo unha parte significativa das necesidades das persoas que participan.

O obxectivo principal das Feiras é trasladar á cidadanía as propostas para un consumo consciente, responsable e transformador. Participan entidades que nos ofrecen as súas alternativas en: finanzas éticas, transporte sustentable, comercio xusto, enerxías renovables, construción, téxtil, mensaxería, hostalaría e inserción sociolaboral, entre outras.

Más información en:

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog

O noso Balance Social

BalanceSocial-BEUn dos principios chave de Banca Popolare Etica (da que forma parte Fiare Banca Etica) consiste na “atención ás consecuencias non económicas das accións económicas”. Por iso avaliamos a actividade de Banca Etica desde o punto de vista económico, social e ambiental.

Estes son algúns dos datos que atoparás no balance social 2014.

-> Clientas/es

As/os clientas/es aforradoras/es aumentaron un 8,8%.
As/os clientas/es financiadas/os aumentaron un 12,8%.
A calidade do crédito outorgado en Banca Etica é boa e ten unha morosidade do 2,5%, fronte ao 9,5% rexistrado no resto do sistema financeiro.clientes-as-BalanceSocial-BE

-> Persoal laboral

As persoas traballadoras aumentaron nun 6,8%.
Conciliación laboral: o 13% das persoas traballadoras teñen un contrato a tempo parcial. persoallaboral-BalanceSocial-BE

-> Participación e cultura

Os Grupos de Persoas socias activas, voluntarias e que promoven as finanzas éticas son 87.
As iniciativas de promoción cultural foron 835 (+38%).
As actividades de educación financeira chegaron a 15.000 persoas.participCultura-BalanceSocial-BEPersoasSocias-BalanceSocial-BE

-> Enerxía

O 93% do consumo enerxético de Banca Etica é de enerxía que provén de fontes renovables (90% no 2013).Enerxia-BalanceSocial-BE

Para ver o Balance Social completo e elexir un ou varios dos grupos de interese podes visitar: http://balancesocial.fiarebancaetica.coopBalanceSocial-grupos

Fonte: www.fiarebancaetica.coop/blog