Arç Cooperativa é un proxecto cooperativo que se desprega en dúas cooperativas:
![]() |
Arç Servicios Integrales de Seguros é unha correduría de seguros especializada no sector da economía social e solidaria e no seguro de enerxías renovables. |
![]() |
Arç Consumo Responsable é unha cooperativa de traballo e consumo, que promove o consumo responsable de servizos persoais a través da forma cooperativa. Ofrece servizos de seguros, aforro ético, coche compartido e unha tenda virtual de consumo responsable. |
En Arç Servicios Integrales de Seguros dedicámonos á xestión de seguros dun xeito integral, ofrecendo:
- Asesoramento, estudo e investigación de produtos específicos de seguros.
- Xestión da compra de seguros con criterios colectivos.
Estamos especializados no ámbito da economía social e solidaria e das enerxías renovables.
- Economía social e solidaria: dirixímonos a cooperativas, entidades de iniciativa social, ONG e asociacións, para ocuparnos da xestión dos seus seguros. O coñecemento que temos destes sectores permítenos ofrecer un servizo especializado, enfocado ás súas necesidades.
- Enerxías renovables: ocupámonos das necesidades do sector e estamos estreitamente vinculados a compañías e especialistas de Europa e Estados Unidos.
Descarga o noso dosier informativo: Proxecto Arç
Arç Servicios Integrales de Seguros presta os seus servizos a máis de 1.000 cooperativas, outras empresas, entidades de iniciativa social, ONG e diversas asociacións. Arç Consumo Responsable, cooperativa de consumo, conta con máis de 6.000 persoas asociadas.
Desde a actividade cooperativa creemos que a Intercooperación é unha forma de traballo en rede baseada nos valores da economía social e solidaria e a estratexia clave para desenvolver a economía social e solidaria e o mercado social.
A través das dúas cooperativas establecemos numerosos convenios de Intercooperación e acordos de colaboración con entidades, que reflicten esta vontade de tecer economía social e solidaria:
Estamos afiliados a:
- FCTC (Federació de Cooperatives de Treball de Catalunya) coa que temos o compromiso de ofrecer os nosos servizos de seguros a todos os seus socios.
- COOP 57 (cooperativa de servizos financeiros)
- FETS (financiamento ético e solidario)
- Xarxa d’Economia Solidària
- Federació de Cooperatives de Consumidors i Usuaris de Catalunya
Acordos vixentes:
Economía solidaria
- Arç Consum Responsable
- XES, Xarxa d’Economia Solidària
- REAS, Red de Economía Alternativa y Solidaria
- Xarxa de Consum Solidari
- Titània-Tascó, SCCL
- Cooperativa d’Arquitectes Jordi Capell
Finanzas éticas
- Coop57. finanzas éticas e solidarias
- FETS, Observatorio das Finanzas
- Triodos Bank
- Fiare, investimento e aforro responsable
Federacións
- Federació de Cooperatives de Treball de Catalunya
- FEICAT: Federació d’Empreses d’Inserció de Catalunya
- Federació Catalana d’ONG
- Federació ALLEM
Asociacións e outras entidades
- Consell de la Joventut de Barcelona
- ACELLEC, Associació Catalana d’Empreses del Lleure, l’Esport i la Cultura
- ACELL: Federació Catalana d’Esports para diminuídos psíquicos
- Federació ECOM, de apoio a persoas con discapacidade física
- SEAE SL, Serveis Esportius Integrals
- Minyons Escoltes i Guies de Catalunya
Filed under: Economía solidaria e social |
[…] E tamén un enlace que fala do proxecto Arç, dentro do cal poderemos ser clientes de seguros éticos: fiaregz.wordpress.com/2012/10/23/proxecto-arc […]