Capital Social

Total Capital Social (31 de xaneiro de 2013): máis de 4 millóns de €.

Base Social: a 31 de xaneiro do 2013 o Proxecto Fiare a nivel estatal conta coa participación de 3.781 persoas socias (419 organizacións 3.362 persoas físicas).

Concretamente en Galiza os datos son os seguintes:

  • Total Capital Social (2 de maio de 2013): 111.910,00 €.
  • Total Fondo Perdido (2 de maio de 2013): 19.790,95 €.
  • Base Social: a 2 de maio de 2013 Fiare Galiza conta coa participación de 27 organizacións e un concello e 285 persoas físicas.

Fiare Galiza

Despois de varios encontros con responsables de Fiare promovidos por AIS “O Peto”, a territorial FiareGZ é unha realidade.

En Fiare Galiza somos  285 persoas socias físicas, 28 persoas socias xurídicas (incluído o concello de Manzaneda e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso) (a 2 de maio de 2013), estas últimas son: ADEGA, AIS “O Peto”, Altermundo, Árbore, ARELA, Arela Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade, Asociación Amarante, Asociación Xuvenil Abertal, Cáritas diocesana Tui-Vigo, Centro Cultural Rueiro, Comité Óscar Romero de Solidariedade de Vigo, Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento,  Coto do Frade, Dominicas e Dominicos de Vigo, Enxeñería sen Fronteiras, Irimia, Niquelarte, O Grelo Verde, Panxea, Proclade, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Educación Ambiental, Solidariedade Internacional, Verdegaia, Zocamiñoca. Estes colectivos contan co apoio doutros que teñen pensado pertencer á Fiare Galiza nos vindeiros meses.

Como procedemento de adscrición ao proceso estableceuse a sinatura dun compromiso de cada asociación de que quere participar no proceso e delimitouse a seguinte folla de ruta e criterios de actuación:

· Periodización. A constitución da asociación e da territorial foi o 16 de xaneiro de 2010. A partires desta data poden sumarse os colectivos e persoas individuais que, desexándoo e solicitándoo, cumprar os requisitos requeridos.

· Novidades para o ano 2013: O 19 de xaneiro de 2013 na III Asemblea de Fiare Galiza constituíronse os Grupos de Implantación Territorial (GITs) Fiare Galiza Norte (provincias de Coruña e Lugo) e Fiare Galiza Sur (provincias de Ourense e Pontevedra).  Anímate e participa nos respectivos grupos locais!

Como podes/podedes participar?

Modo normal para colectivos:

• Achega de 600 € para capital social de FIARE.
• Achega mínima de 300 € para gastos de constitución e apoio ao proxecto.

Modo de compromiso forte para colectivos:

• Aportación de 600 € para capital social de FIARE.
• Aportación mínima de 400 € para gastos de constitución e apoio e máxima de 600 €.
(A achega estaría entre os 1000 e 1200 €, proporción 3/5 ou 1/2).

Participación de persoas individuais:

• Aportación de 300 € para capital social de FIARE.
• Aportación para gastos de constitución ou fondo perdido: 30 €, 60 €, 100€…

Máis información na sección de materiais, na de como participar e na páxina do Proxecto Fiare.

Unha resposta

  1. [...] Concretamente, en Galiza, xa somos preto de 230 persoas e 25 colectivos, ademais dun Concello (Manzaneda), que abranguen grupos ecoloxistas, sindicais, de economía alternativa, culturais, de comercio xusto, de consumo responsable, cristiáns, de cooperación, … :http://fiaregz.wordpress.com/about/ [...]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 838 segidores

%d bloggers like this: