Un banco novo, por fin

NUEVA-ETAPA-FOTOGRAFIA-ANDREA-BOSCH_EDIIMA20141005_0176_4

NOVA ETAPA. Albert, Clara e Jordi na sede de Fiare Banca Etica en Barcelona, no edificio do grupo Ecos. FOTOGRAFÍA: ANDREA BOSCH

Fiare Banca Etica culmina 11 anos de traballo e maduración, e desde este mes ofrecerá servizos tamén a particulares.

Catro cifras, 1550, que xa son moito máis que un número: é o código de Fiare Banca Etica, o primeiro banco ético de base cooperativa que operará no Estado español. O 15 de xullo obtivo a luz verde do regulador e desde o 1 de outubro diríxese xa a particulares.

O banco acaba de arrincar, pero ten unha longa historia detrás de traballo e maduración, que empezou como Proxecto Fiare en 2003 e que renace agora como Fiare Banca Etica, integrado nun banco europeo con sucursal no Estado español -xa conta aquí con 5.300 socios, que achegan cinco millóns de euros ao capital social- e Italia, onde Banca Popolare Etica suma 37.000 socios e 15 anos de experiencia comercial e de prestixio.

No Estado español, Triodos Bank preséntase desde hai anos coa etiqueta comercial de “banca ética”, aínda que as súas características sitúano máis ben no terreo da “banca con valores”; neste caso moi focalizados no respecto ao medio ambiente. A diferenza é que Fiare Banca Etica é unha cooperativa na que os/as clientes/as son en realidade persoas socias e participan dos procesos de toma de decisión do banco en condición de igualdade, o que o diferencia tamén das cooperativas de crédito convencionais.

As persoas socias pesan o mesmo con independencia do capital achegado -en consonancia co principio cooperativo- e ningunha pode superar o 1% do capital social. Ademais, o banco non reparte dividendos, senón que destina integramente os beneficios a reforzar capital e ampliar as liñas de apoio á economía social.

Datos-Fiare_EDIIMA20141005_0178_5A participación das persoas socias na toma de decisións non vai en detrimento da profesionalidade, como demostra a experiencia en Italia de Banca Popolare Etica, que concedeu créditos por valor de 1.800 millóns e ten unha morosidade do 2% cando na banca convencional española está a superarse o 13%. Iso explícase porque os proxectos a financiar requiren o dobre visto e prace da comisión ético-social (integrada por persoas socias elixidas nas súas circunscricións) e tamén da financeira, composta por profesionais.

Fiare viña funcionando até agora como entidade de apoio aos actores da economía social, cunha área para particulares mínima, suxeita á lexislación italiana e con moitas limitacións operativas e técnicas. A novidade é que a partir de agora poderá ofrecer de verdade servizos a particulares con toda a carteira básica: banca por Internet, caderno de aforro e a prazos -entre 12 e 60 meses-, xiro de recibos, tarxeta de débito de Servired (caixas rurais) e todas as garantías que teñen os/as clientes/as de calquera outra entidade, incluída a cobertura do Fondo de Garantía de Depósito.

Datos-Fiare_EDIIMA20141005_0179_5A entidade arrinca con oficina en Bilbao, axentes en Madrid e Barcelona e a oficina virtual en Internet, no sitio web fiarebancaetica.coop.

A prioridade inicial é ofrecer os servizos ás persoas socias que xa son clientas a pesar das dificultades que existían (ao redor de 2.300), dirixirse logo ao resto de persoas socias (outras 3.000) e empezar a abrirse fóra da súa base social coincidindo coa entrada de 2015.

Para ser cliente/a, o máis razoable é ser tamén persoa socia, o que esixe unha achega mínima de case 300 euros ao capital social. “Ser cliente/a sen ser socio/a non ten moito sentido porque aquí non se atoparán grandes rendibilidades nin ofertas”, explica Juan Garibi, director da sucursal española.

“O sentido do banco é apoiar os proxectos da economía social e solidaria, e isto é o que valoran os particulares que queren ter o seu diñeiro aquí”, conclúe.

[Este artigo forma parte do Dossier sobre economía social incluído no número de outubro de Alternativas Económicas.

Fonte: www.eldiario.es

Deixar un comentario