Lugo, 17 e 18 de outubro, un gran encontro en Galiza para Fiare Banca Etica

cartaz_ xornada_informativa-18out2014Hai pouco máis dunha semana (o 17 e 18 de outubro de 2014) puidemos participar nas Xornadas organizadas en Lugo para ofertar información especializada (xornada técnica dirixida ás administracións locais do 17 de outubro de 2014) e máis informal (xornada informativa para toda a cidadanía do 18 de outubro de 2014) para todas as persoas que desexaran coñecer polo miúdo (o día anterior, xoves 16 de outubro tamén puidemos compartir con Juan Garibi dúbidas e respostas con algunhas persoas socias en Compostela) que é Fiare Banca Etica e os cambios que se están levar a cabo nos últimos e vindeiros meses neste proxecto que xa é unha realidade.  En ambos os dous momentos contamos coa presenza de Juan Garibi, membro do equipo de Fiare Banca Etica (podes escoitar como nos transmite o transcurrir da nova etapa da entidade, recén iniciada coa apertura da nova oficina de Bilbao, neste enlace da entrevista feita en “Es posible” de Radio Popular – Herri Irratia: http://bit.ly/1vXE72A, en mp3).

O venres, 17 de outubro, asistiron unhas 30 persoas (distintos alcaldes e concelleiros de distintos concellos da provincia de Lugo e persoas traballadoras da administración local). O sábado, 18 de outubro, pola mañá contamos coa participación dunhas 60 persoas con moitas preguntas por facer e con gran sede de saber. As inquedanzas xiraron sobre a operativa bancaria e se o crecemento permitiría manter íntegros os ideais. Nalgún caso as preguntas foron moi concretas e outras máis filosóficas (en que punto das finanzas éticas se encadra Fiare).  Tamén houbo preguntas máis prácticas: que supón ser persoa socia, cando me podo facer cliente/a, cando comeza a operativa a funcionar… Por suposto houbo oco tamén para as cuestións sobre os empréstitos.

A impresión xeralizada foi moi positiva, especialmente a xornada do sábado e que contamos coa presenza dunha nova persoa socia xurídica máis, a Deputación de Lugo e varios outros colectivos cada vez máis interesados en formar parte da banca ética.

GITGalizaNorte-Lugo-out2014

Algunhas das persoas socias que forman parte do GIT Galiza Norte. Local de A Cova da Terra, Lugo. 18 de outubro de 2014.

O mesmo sábado pola tarde aproveitamos para ter a primeira xuntanza do GIT Galiza Norte tras o verán.  Serviunos a todas as persoas alí presentes para coller forzas e así acometer todas as tarefas anunciadas na reunión de GITs que tivo lugar do 26 ao 28 de setembro en Bilbao e que se presentan durante as vindeiras semanas e das que vos iremos informando puntualmente.  Aproveitamos para lembrarvos que o nome é Fiare Banca Etica (sen acento ortográfico) porque é a unión de Fiare e de Banca Popolare Etica (en Italia moi coñecida polo nome Banca Etica).

A continuación podedes desfrutar dun pequeno percorrido fotográfico por estes dous días de intenso traballo, de convivencia e de compartir inquedanzas e arelas comúns.

Xornadatecnica-Lugo-17out2014

Xornada técnica con Juan Garibi o 17 de outubro de 2014 no Salón de actos da Deputación de Lugo, Lugo.

Roller-FiareBancaEtica

“Vela” que non acompañará aos GITs en Galiza nesta nova etapa de Fiare Banca Etica.

Xornadainformativa-Lugo-18out2014-JuanGaribi

Juan Garibi na xornada informativa o 18 de outubro de 2014 no Salón de Actos da Deputación de Lugo, Lugo.

Xornadainformativa-Lugo-18out2014

Esteban, coordinador do GIT Galiza Norte; Lucía, representante do Grupo Local de Lugo e Gonzalo, secretario da Asociación Fiare Galiza. na Xornada informativa o 18 de outubro de 2014, Lugo.

ReunionGITGalizaNorte-Lugo-18out2014

Encontro de traballo e de compartir do GIT Galiza Norte o 18 de outubro de 2014 no local de A Cova da Terra, Lugo.

Deixar un comentario